Vimianzo ‘Día da Xuventude’ | Tamén segue a programación da iniciativa ‘A Costa da Vida’

1 minutes read

‘A Costa da Vida’ é un proxecto diferente que chega a todos os estamentos da sociedade vimiancesa para converterse nun elemento vertebrador e transversal, introducindo unha intensa actividade cultural con compoñentes contemporáneos na vida cultural do municipio. Esta fin de semana continúa a programación desta iniciativa con dúas funcións:

Sábado 21: ‘Arrolando as frores’, a cargo do dúo Rilo&Penadique.

Será ás 19:00 horas na escola de Cambeda.

Domingo 22: ‘Loitar cantando’, de Acordeireta.

Será ás 12:00 horas na escola de Tines.

Por outra banda, o domingo a praza do Concello de Vimianzo acollerá a terceira xornada do ‘Día da Xuventude’, un programa de ocio educativo para a mocidade galega organizado pola Xunta. En Vimianzo desenvolverase de 16:00 a 21:00 horas.