Vimianzo e Dumbría contan cun novo tractor compartido co apoio da Xunta

Este venres tivo lugar a entrega do tractor que compartirán o Concello de Vimianzo e o Concello de Dumbría tras o acordo asinado por ambos gobernos o pasado 25 de febreiro. 

Este acordo lévase a cabo debido á necesidade de xestionar  a limpeza e conservación dos espazos naturais existentes nas zonas limítrofes de cada municipio. Será empregado principalmente para realizar labores de prevención, extinción xestión de situacións de sinistro ou risco nas que ambos concellos se poidan ver afectados.

O importe total da contratación ascende a 47.000 euros, dos que o Fondo de Compensación Ambiental concedeu a ambas administracións unha axuda de 35.500 euros. O resto será financiado a partes iguais entre Dumbría e Vimianzo. 

Ao acto de entrega acudiron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño; o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño; a tenente de alcalde de Dumbría, María Agulleiro e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, e os concelleiros do Partido Popular de Vimianzo, Raquel Rodríguez e Francisco Calzas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha