Vimianzo é unha festa | Acendido das luces do Nadal e nova imaxe de marca do comercio local


O Concello de Vimianzo acendeu este venres as luces de Nadal, nun acto celebrado na praza do Concello con animación para a rapazada, o concerto de Tania Caamaño Trío e chocolatada. Ás 19:00 horas, presentouse a nova imaxe de marca do Comercio e Hostalaría de Vimianzo. Ata o 8 de xaneiro, estará operativa a campaña ‘Merca en Vimianzo’, mediante a cal, as persoas que xunten 5 cupóns de compra en comercios da campaña e 5 na hostalaría, poderán participar no sorteo de 3.500 euros en vales para gastar nesese mesmos establecementos, os adheridos á campaña. A información pódese consultar na web do Concello de Vimianzo, nas redes sociais e nos locais de ‘Merca en Vimianzo’.

Presentación da marca do comercio e a hostalaría local_Merca Lume.