Vimianzo | Entrega dos recoñecementos da Rede Mundial da Business Network International

1 minutes read

O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Vimianzo acolleu a entrega dos recoñecementos da Rede Mundial da Business Network International, onde se recoñeceu a nivel internacional o traballo realizado por diversos grupos empresariais a nivel autonómico durante o ano 2020.
Fixeron entrega dos mesmos o director nacional de BNI España, Mark Gibson e a directora executiva de BNI en Galicia, Susana Gómez, nun acto onde tamén estiveron presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e o director executivo de BNI, Juanjo Molinos. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, felicitou ao Grupo Dolmen polo recoñecemento obtido por parte de BNI Galicia, e destacou a importancia de crear redes e fomentar sinerxias entre o tecido empresarial e os emprendedores e emprendedoras. O director Nacional de BNI España, pola súa banda, sinalou que «a razón de ser de BNI é axudar ás empresas a medrar, conseguindo máis clientes mediante a colaboración doutras empresas».