Vimianzo entregou os premios da 14ª edición dos Pinchos Irmandiños

Este mércores, ás 16:30 horas, tivo lugar a entrega de premios dos Pinchos Irmandiños nun acto celebrado na praza de Armas do Castelo de Vimianzo. Entregáronse os premios ao mellor pincho e decoración de local. Tamén estivo presente a persoa gañadora do seu peso en cervexa tras completar a ruta dos pinchos. Acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, varios concelleiros; a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Vimianzo, Cristina Torete e algúns participantes do concurso.

O restaurante Montevideo, de Vimianzo, foi o absoluto gañador do certame de pinchos ao lograr o primeiro posto tanto a nivel gastronómico, cos seus ‘Bocados crocantes dos Moscoso’, como a nivel de decoración. Dous galardóns obtidos grazas á votación da xente participante na degustación dos pratos, actividade enmarcada dentro do Asalto ao Castelo. Ademais, tamén se fixo entrega dun lote de produtos de Estrella Galicia a Sergio Monteagudo Lago, gañador do sorteo realizado entre aquelas persoas que completaron a ruta dos pinchos.

Premiados.

Premios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha