O Concello de Vimianzo entregou case 1.200 euros en premios aos grupos, parellas e persoas participantes no concurso de disfraces celebrado durante a conmemoración do Entroido.
Na categoría de grupos, os vencedores foron:
1. Amor sen fronteiras. 300 euros.
2. Contos Reunidos. 200 euros.
3. Tik Tok. 100 euros.
Na categoría de parellas:
1. Exorcista. 100 euros.
2. Galiña. 75 euros.
3. Pulpo. 50 euros.
Na categoría de individuais infantís:
1. Peregrino. 60 euros.
2. Groot. 40 euros.
3. Raíña dos bosques. 20 euros.
Na categoría de individuais adultos:
1. Xilófonos. 100 euros.
2. Catro estacións. 75 euros.
3. Chapas. 50 euros.
O certame protagonizou unha xornada na praza do Concello que contou coa actuación musical do Dúo Galán así como chocolate, churros, filloas e orellas para as persoas asistentes.
A programación de Entroido continuará o 1 de marzo co concerto de Mamá Cabra ás 18:30 horas no auditorio municipal.