Vimianzo enxalza este sábado a labor palilleira

1 minutes read

Vimianzo enxalza durante a xornada deste sábado a labor palilleira co festexo da XVI Xuntanza no pavillón do IES Terra de Soneira. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a deputada de Emprego, Rosa Ana García e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, acudiron á inauguración institucional.

Congregáronse 650 artesás chegadas desde Viveiro, San Ciprián, Lugo, Ribeira Sacra, Vilanova de Arousa, Tui, Valga, Sarria, Vigo, Cambados, A Coruña, Boiro, Fene, Ferrol, Ames, Betanzos, Neda, Paderne, Cambre, Arteixo, Coirós, Noia, Porto do Son, Oleiros, Cariño, Valdoviño, Esmelle, Abegondo, Camariñas e Vimianzo.

Ata as 19:30 horas, todas as persoas interesadas poderán achegarse ata o polideportivo para coñecer de primeira man o traballo destas mulleres, á vez que se intercambian experiencias entre as participantes.

Organizada pola Asociación de Palilleiras ‘As Nemanquiñas’, conta coa colaboración tanto do Concello de Vimianzo como da Deputación da Coruña. Neste senso, tanto a alcaldesa, Mónica Rodríguez, como a deputada provincial, Rosa Ana García, destacaron “a relevancia que ten para a provincia e para a Galicia que as palilleiras manteñan viva unha labor centenaria”.

Autoridades presentes na cita.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?