Na tarde deste mércores rematou a instalación do alumeado de Nadal na praza do Concello de Vimianzo que, segundo nos informan, deparará algunha que outra sorpresa para darlle algo de cor e sabor a este particular 2020.
O acendido terá lugar este venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas. Como non está permitido reunirse como de costume, poderedes velo en directo a través da canle de Facebook do Concello.
Ademais, este xoves tivo lugar a presentación da programación do I Festival de Teatro Viminadal, que estará organizado baixo estritas condicións hixiénicas e sanitarias, con itinerario seguro. A intención deste ano é que “os horarios sexan compatibles con accións nos comercios e hostalería de Vimianzo”, din desde o goberno local.
