Vimianzo | Este mércores comezan as obras de reubicación da estación de tratamento de auga potable

Estación de tratamento da auga potable_Concello de Vimianzo

  • No proxecto investiranse 104.583,55 euros, financiado con cargo á segunda fase do POS Adicional da Deputación Provincial da Coruña

Este mércores comezarán as obras de reubicación das instalacións de tratamento de auga potable de Vimianzo para mellorar o abastecemento de auga potable aos domicilios do municipio. Neste proxecto investiranse 104.583,55 euros, financiado con cargo á segunda fase do POS Adicional da Deputación Provincial da Coruña.

Con este proxecto preténdese dar traslado á instalación de subministro de augas á unha nova parcela, situada nunha cota superior e preto do depósito de augas, de xeito que o funcionamento sexa por gravidade, sen necesidade de bombeo, realizando ademais a instalación nun único lugar.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo sinalar ‘a tremenda melloría que suporá esta intervención no subministro de auga potable á veciñanza, ademais do aforro para o Concello logo da implementación do novo sistema’.