Vimianzo este venres | Foro sobre a “Translatio” e os Camiños de Santiago

1 minutes read
Cedida

Este venres 24 de setembro a Casa da Cultura de Vimianzo acolle un Foro denominado “Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira”, enmarcado dentro do programa “Ou Teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

O Foro contará con dúas sesións

A primeira (10:30 h) versará sobre a Translatio na Costa da Morte, lendas e camiños de peregrinación. Moderará a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez e intervirán os rexedores de Muxía, Iago Toba e de Cee, Margarita Lamela. Inaugurarase unha Exposición titulada igual que o foro.

Na segunda sesión (12,15 h) falarase da “Translatio”, de fenómeno xacobeo a produto turístico. Participarán Jean Claude Benazet (peregrino e membro da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago), Manuel Vilar Álvarez (Director do Museo do Pobo Galego), Patricia Cupeiro (Doutora en Historia da arte, guía oficial e docente), Paula Cadaveira López (Historiadora especialista en mobilidade e peregrinacións na baixa Idade Media), Jorge Guitián Castromil (Historiador da arte, co-fundador de Guitián-Mayer, escritor, e investigador en gastronomía) e a ADL do concello de Vimianzo Rosa Sánchez Martínez.