Vimianzo estende o Día da Muller a todo o mes de marzo

Concello de Vimianzo

  • Haberá espectáculos relacionados coa perspectiva de xénero cada fin de semana

Vimianzo recibe o mes de marzo con novas ofertas culturais que inclúen varios espectáculos con perspectiva de xénero de cara ao Día Internacional da Muller, que se celebrará o próximo día 8.

En relación a esta temática o Auditorio da Casa da Cultura acollerá as obras #2Pilgrims (sábado 5 ás 20:30 horas), Matrioskas (sábado 12 ás 20:30 horas) e Facede o favor…. pensade (domingo 13 a partir das 18:30 horas). Esta última está recomendada para maiores de 5 anos e público familiar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha