Vimianzo estreou con gran éxito a súa área de autocaravanas

1 minutes read

O Concello de Vimianzo estreou recentemente a área de autocaravanas habilitada na contorna do campo de fútbol. Con once prazas, esta área pretende “dar resposta ás necesidades desta maneira de viaxar” tal e como sinalou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, tras observar un “crecemento na preferencia do turismo itinerante”. A inauguración tivo lugar a semana pasada, á que asistiron todo o equipo de goberno e o presidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia, Eugenio Cabanas. Esta Semana Santa este espazo contou cunha gran afluencia de vehículos deste tipo. O equipo de goberno local amosou a súa satisfacción pola boa acollida do espazo, que cubre as necesidades das persoas que viaxan desta forma pola zona.