O Concello de Vimianzo demandará á empresa que deixou de prestar distintos servizos de atención social

1 minutes read

O Concello de Vimianzo ofreceu unha rolda de prensa para dar a coñecer o proceso de contratación dos servizos municipais de vivenda comunitaria, comedor, lavandería sobre rodas e escola infantil municipal que se viu obrigado a poñer en marcha despois de que a empresa concesionaria comunicase o pasado mes de febreiro que deixaba de prestar estos servizos, afectando directamente a 170 persoas usuarias e 33 traballadoras. Tras a súa marcha o Concello de Vimianzo optou por asumir directamente os gastos das subministracións necesarias para garantir o funcionamento de todos os servizos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, xunto coa concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica responsable do contrato, Sandra Abeijón, explicaron un proceso marcado pola complexidade, o rigor e a responsabilidade institucional, co obxectivo de garantir en todo momento a continuidade dos servizos e a protección das traballadoras, agradecendo o traballo do persoal municipal e, moi especialmente, das traballadoras destos servizos, que garantiron a atención con profesionalidade en todo momento, destacando que están en marcha accións legais contra esa empresa (Reacteda) para defender os intereses municipais. Seguimos traballando por uns servizos públicos de calidade, estables e centrados nas persoas, concluíron desde o Concello.