- O espazo adicarase a fins culturais, e xa se habilitou un aula para clases de pintura
O Concello de Vimianzo rematou as obras de mellora no edificio da Torre, e adicará o novo espazo a fins culturais. De entrada xa se habilitou un aula para clases de pintura. O orzamento deste proxecto alcanzou os 126.568, 53 euros.
O edificio, de titularidade municipal pero «de escasa utilidade» estaba enfocado como un almacén e presentaba un deterioro importante na súa estrutura. Así, con este novo enfoque «daráselle unha vida na que as asociacións culturais e a veciñanza en xeral serán protagonistas», destacan desde o consistorio.
As obras consistiron na execución do recibidor en madeira maciza, na habilitación de baños para persoas con mobilidade reducida e no cambio de material no chan e teitos. Tamén se adecentará o xardín.
“Esta é unha obra que desde a oposición impulsamos e que sempre caía en saco roto, pero que por fin facemos realidade”, afirmou a alcaldesa, Mónica Rodríguez.