22
Na tarde deste venres os Bombeiros do Parque Comarcal de Cee foron requeridos por mor dunha explosión nunha caldeira de leña no lugar de Tufións, no Concello de Vimianzo. Por fortuna só houbo que lamentar danos materiais. O mantemento das caldeiras e limpeza das chemineas é fundamental para o bo funcionamento das mesmas e evitar que poidan darse situacións de risco.