Vimianzo | Falece o empresario Manuel Rodríguez Lema, aos 68 anos

Igrexa de Vimianzo, onde se celebrará o funeral.

  • Era o pai da alcaldesa, Mónica Rodríguez.
  • Será enterrado este luns en Calo ás 17:15 horas. Acto seguido celebrarase o funeral na igrexa de Vimianzo.

O coronavirus tamén se levou por diante a vida de Manuel Rodríguez Lema. Manuel, home afable e traballador, era natural da parroquia de Calo, unha persoa moi coñecida e querida na Costa da Morte e especialmente en Vimianzo, onde dispoñía dunha recoñecida empresa de construción. Ademais, Manuel era o pai da actual alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e irmán de Alejandro Rodríguez, ex alcalde de Vimianzo, tamén falecido o pasado verán.