33
- A obra representarase este venres, ás 20:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura
Con motivo do Día Mundial do Teatro, que se conmemorará o 27 de marzo, o Concello de Vimianzo acollerá a representación do espectáculo Rastros, da compañía Condetrespés. Trátase dunha obra onde a viaxe dos recordos é o punto de encontro duns amigos que compartiron case todo agás evolucionar. Tamén se tratarán, dunha forma universal, os vínculos humanos.
A función terá lugar este venres 25, a partir das 20:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura. Desfrutar da obra é gratuíto pero será necesario ter entrada, a cal poderá recollerse unha hora antes do comezo do acto.
Esta actividade está enmarcada nun programa especial organizado pola Deputación da Coruña con motivo do Día do Teatro.