Vimianzo | Fin da viaxe de ‘MAVI’ polas escolas unitarias da vila


A iniciativa da Subdelegación do Goberno na Coruña, ‘MAVI’, a Maleta Viaxeira, finalizou este mércores o seu percorrido na Escola Unitaria de Carnés, onde a recibiron as pequenas e pequenos que alí acuden ás aulas.

Acompañaron ás crianzas Xiomara Lazo, axente de Igualdade do Concello de Vimianzo, e Rosa Blanco, concelleira de Cultura.

No 2023 agardan o regreso de ‘MAVI’ a Vimianzo, onde se instalará no Rincón Lilá da Biblioteca Municipal, para que as usuarias e usuarios poidan acceder aos seus recursos mediante o préstamo. 

Durante a estancia da maleta, organizaranse actividades complementarias de animación á lectura e de sensibilización, como obradoiros, contacontos, agasallos e sorteos.