Vimianzo finaliza os traballos de ampliación do taboleiro da ponte de Señoráns

1 minutes read
Cedida
  • O obxectivo é ampliar o ancho da infraestrutura sobre o rego de Gundar e a reconstrución das barandas

O Concello de Vimianzo finalizou os traballos de ampliación do taboleiro da ponte de Señoráns, na parroquia de Salto, cuxo obxectivo é ampliar o ancho da infraestrutura sobre o rego de Gundar e a reconstrución das barandas debido ao seu mal estado, reducindo o risco na circulación para peóns e vehículos.

Así, ampliarase nun metro, a razón de 50 centímetros por cada marxe e deixando intacta a ponte con formigón para que resulte estable. Adaptarase a pista de zahorra en ambos lados elevándoa en 35 centímetros, o que se fixo de feito gradual e sin variar apenas a pendente. A baranda está finalizada en aceiro galvanizado, diáfana e permeable.

Previamente tamén se perfilaron as cunetas de sección triangular, en terra, con medios mecánicos e tamén un terraplén con material seleccionado.