Vimianzo firma por tres anos o contrato de mantemento e reparacións urxentes

Ayuntamiento de Vimianzo_Google Maps

  • Estas actuacións contarán cunha partida anual de 151.871,99 euros

O Concello de Vimianzo asinou por tres anos o contrato de mantemento e reparacións por un valor de 151.871,99 euros cada anualidade, xa que debido á situación climatolóxica dos derradeiros meses “faise necesario iniciar o antes posible o mantemento”, destacan desde o Consistorio.

“Queremos que o noso concello, os seus 133 núcleos conten cunha imaxe apropiada. Que os accesos ás vías municipais e ao resto de espazos estean en boas condicións”, argumenta o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen avanza que “é a primeira vez que se comezan estas tarefas no mes de abril”.

Entre os servizos que entrarían neste contrato atópanse os de limpeza en áreas urbanas ou rurais; o procedemento de roza nos paramentos; o de reparación e mantemento das estradas municipais; a eliminación de maleza e roza ou a limpeza e tratamento de parques infantís e áreas recreativas.