Vimianzo | Formación de luxo sobre a pesca en río na ponte de Pasarela con David Arcay

Imaxe de arquivo dunha xornada de pesca no río Anllóns_Cedida

  • Será o próximo 30 de xullo, en horario de mañá.
  • As prazas son limitadas e poderán formalizarse ata o 28 deste mes.

A ponte de Pasarela, no río Grande, acollerá unha formación teórica e práctica sobre a pesca en río co catro veces campión do mundo David Arcay. A actividade, organizada pola Federación Galega de Pesca en colaboración co Concello de Vimianzo, desenvolverase o 30 de xullo de 10:00 a 14:00 horas.

As prazas son limitadas e poderán participar as persoas nadas entre o 2006 e 2014. As inscricións deberán tramitarse de maneira telemática ou na Casa da Cultura desde este venres e ata o día 28.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha