Vimianzo | Goberno e Rede Aberta reúnense para despregar a fibra no rural

Reunión entre el gobierno local de Vimianzo y Rede Aberta_Cedida

  • Esta rede estará aberta a todos os operadores locais e emprendedores

O Concello de Vimianzo deu este venres un paso fundamental para que o rural dispoña de fibra ao reunirse coa empresa Rede Aberta. O goberno local leva meses buscando unha solución para dotar deste servizo a toda as parroquias e lugares de Vimianzo.

O provedor de servizos de telecomunicacións presentará nun prazo de quince días un plan de despregadura adaptado ás necesidades de Vimianzo e sendo, ademais, «unha demanda de gran parte da veciñanza”, sinalan desde o Consistorio.

As obras comezarán en marzo, e no mes de abril poderase contratar o servizo, nun principio, de 600 megas simétricos. Esta é unha rede “neutra” que está aberta a todos os operadores e á que «poderán acceder os operadores locais e emprendedores, co cal estanse abrindo novas oportunidades con este achegamento”, indicaba Pere Antentas, director xeral de Rede Aberta.

Á reunión asistiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a técnica municipal Lorena Cernadas e Ana Rodríguez, do departamento económico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha