Vimianzo habilita unha bolsa para contratación de persoal de servizos múltiples


O Concello de Vimianzo apoia a creación de emprego no municipio e habilita unha bolsa para a contratación de persoal propio de servizos múltiples para realizar traballos de limpeza e mantemento nas 14 parroquias. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o vindeiro luns, 20 de marzo, na sede electrónica do Concello: 

https://sede.vimianzo.gal/sxc/es/informacion/tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230213150000194.html

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destaca esta “aposta en firme pola creación de emprego local, xa que a través de persoal propio levaranse a cabo tarefas de limpeza e acondicionamento por todo o municipio”.