O lugar de Calo acolleu este martes, véspera das Letras Galegas, a inauguración dunha placa ubicada na antiga escola da vila, onde as mestras Elisa Sánchez e Marcela Gracia, conformaron o primeiro matrimonio homosexual da historia de España. Ao acto acudiron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; integrantes da compañía de teatro A Panadaría; e a actual propietaria da casa, María. Este evento enmárcase na liña de actividades postas en marcha polo Concello a favor da igualdade e a inclusión. Baixo o nome ‘Elisa e Marcela, o cumio do iceberg’, analízase o papel tan importante de ambas as mulleres na historia de España, formando parte das bases reivindicativas e de loita do colectivo LGTBIQ+.
0