Vimianzo impulsa unha xornada de asesoramento para a instalación de naves no Polígono

Visita de la Gerente de SEA, Beatríz Sestayo, a Vimianzo. Foto.- Archivo.

Despois da recente visita da Xerente de SEA (Suelo Empresarial del Atlántico), Beatriz Sestayo, a Vimianzo, iniciáronse as xestións para artellar unha xornada de asesoramento individual a persoas empresarias ou emprendedoras interesadas en investir no Parque Empresarial de Vimianzo.
Mónica Rodríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo, insiste no interese do actual goberno municipal por dinamizar esta infraestructura e loitar con fórmulas diversas por conseguir o asentamento de novas compañías.
Esta xornada de asesoramento personalizado quere dar resposta a moitas das preguntas que se fan os inversores, preocupados por cuestións relativas ao terreo útil de cada parcela, aos requisitos urbanísticos, ás dotacións, etc.
Poderase acudir ao Departamento de Promoción Económica ou empregar o formulario on line que se poñerá a disposición pública para a solicitude. Despois comunicaranse os horarios de cita asignados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha