Este sábado 9 de xullo, ás 11:00 horas, tivo lugar a inauguración do programa de Artesanía en Vivo no Castelo de Vimianzo, coa celebración do obradoiro de Barcos e Nasas para aprender a facer maquetas de embarcacións a escala. Foi impartido polo artesán Chema Suárez. A vindeira cita será o día 16 con ‘Moldea co barro’, olaría de Buño nas túas mans. Inscricións en vimianzo.gal/turismo.