Vimianzo inaugurou a súa pista de xeo natural

0 minutes read

O Concello de Vimianzo inaugurou, na tarde deste sábado, a súa pista de xeo natural. Preto de 40 nenos e nenas puideron gozar dun primeiro pase libre para estrear as instalacións.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e inclúen os patíns. Teñen unha duración de 45 minutos, deixándose outros 15 para o cambio de calzado. 

Para patinar é obrigatorio o uso de luvas.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez (primeira pola dereita), participou na inauguración da pista de xeo xunto con varios compañeiros e compañeiras.