Vimianzo | Iniciadas as obras da rede de abastecemento de agua a Piñeiros, Paizás e Castiñeiras

1 minutes read
  • Este proxecto conta cun orzamento de 94.065,40 euros, financiados co Plan Único da Deputación da Coruña

Xa están en marcha as obras da rede de abastecemento de auga ao núcleos vimianceses de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras. Este proxecto conta cun orzamento de 94.065,40 euros, financiados co Plan Único da Deputación da Coruña.

«Cabe destacar que nestes tres lugares, así como na estrada que os une, non existía ningún tipo de rede de abastecemento de auga», sinalan desde o Concello de Vimianzo, polo que con esta intervención buscan dotar do servizo «a practicamente todas as vivendas que compoñen estes núcleos de poboación» dándolle continuidade á rede municipal que ata o de agora só chega a Sanfíns. De feito, no cruzamento deste último será donde se instalará un grupo de presión de caudal variable formado por dúas bombas debido á orografía dos terreos e a que a presión de auga é insuficiente para dar o servizo en boas condicións.

En total canalizaranse 3.147 metros con tubaxe de polietileno coas correspondentes válvulas e arquetas de aloxamento. Tamçen se contempla a reposición do pavimento afectado.