Vimianzo | Irma Macías inicia os ‘Cantos de Nadal’ por Berdoias e Cambeda

0 minutes read
  • A vocalista vimiancesa visitou as escolas de ambos lugares, onde tamén se repartiu chocolate quente entre a veciñanza

A cantante Irma Macías inaugurou este mércores os Cantos de Nadal nas escolas de Berdoias e Cambeda, unha actividade enmarcada na programación de Nadal organizada polo Concello de Vimianzo. Ademais da actuación, as persoas que se achegaron ata as escolas puideron degustar un chocolate quente.

A artista visitará nos vindeiros días Calo, Carantoña, Carnés, Cereixo, Serramo, Tines, Treos, Salto, Bamiro, Castelo e Baíñas. Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, acompañará a Irma para felicitar as festas á veciñanza.