Vimianzo licita o proxecto de mellora da avenida da Gándara por 78.000 euros

1 minutes read
  • Esta estrada conecta o instituto coa área recreativa do Muíño

O Concello de Vimianzo licita por 78.206 euros o proxecto de mellora da avenida da Gándara, a vía que conecta o instituto coa área recreativa do Muíño. Esta intervención será incluida no Plan Único da Deputación da Coruña.

O principal obxectivo desta actuación é executar un novo firme ao mesmo tempo que se ensanchará a vía para que conte con dous carrís de circulación, beiravías e sendas peonís. Tamén se instalarán evacuacións de pluviais en ambas marxes e acometerase a preinstalación para futuras redes de iluminación pública.

O tramo de actuación ten unha lonxitude de 220 metros, pavimentándose o mesmo con zahorra natural, mentres que a zona ampliada será compactada cunha apisonadora. Pintaranse dous pasos de peóns, un ao comezo en continuidade co paseo fluvial, e outro fronte ao instituto.

O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, sinala que contan con «executar esta obra antes do inicio da tempada escolar para non estorbar así o correcto funcionamento da volta ás clases».