- Desenvolveranse traballos de roza, poda de árbores, tratamento de parques infantís ou adecuación dos diferentes espazos municipais
O Concello de Vimianzo licitou o servizo de tarefas de limpeza e mantemento nos 133 núcleos por 160.000 euros. A empresa encargada realizará intervencións vencelladas á roza, poda de árbores, limpeza e tratamento de parques infantís, mantemento asociado coas estradas municipais ou adecuación de diferentes espazos municipais.
«Queremos que o noso concello, nas súas 14 parroquias, conte cunha imaxe apropiada», indicou o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, quen tamén avanzou que, por segundo ano consecutivo, é a primeira vez que se comezarán estas tarefas no mes de maio.
As intervencións desenvolveranse en primeiro lugar en puntos estudiados previamente para, en función da necesidade, ir dando cobertura ao resto de emprazamentos municipais.