Vimianzo | Licitada a mellora da explanada do CEIP de Baíñas por 60.000 euros

Explanada frente al colegio de Baíñas_Ayuntamiento de Vimianzo

  • Tamén se acondicionará a estrada situada detrás do tanatorio

O Concello de Vimianzo licita por 60.019 euros as obras para renovar o firme da estrada situada detrás do tanatorio de Baíñas así como da explanada de diante do colexio.

As zonas nas que se vai a intervir presentan un estado «defectuoso debido ao paso do tempo, ás inclemencias meteorolóxicas e ao tráfico rodado», sinalou o primeiro tenente de alcalde, Víctor Manuel Muíño Ramos. Para lograr os obxectivos marcados procederase á pavimentación en ambos espazos con aglomerado en quente para eliminar as fochancas e gretas.

Por outra parte, as cunetas da vía de detrás do tanatorio limparanse para poder cumprir coa súa función de evacuación de augas, xa que na actualidade conteñen vexetación con terra, ramas pequenas e rochas que dificultan esta misión. As tarefas tamén incluirán a instalación de nova sinalización horizontal e vertical.

As actuacións tamén permitirán reparar e modificar a isleta que se atopa diante do colexio, facéndoa máis amplia «para mellorar as súas condicións de accesibilidade». Ademais, instalaranse luces LED na contorna e incorporarase novo mobiliario urbano.

As empresas interesadas nesta actuación poderán presentar as súas ofertas ata o 15 de agosto de 2021.