O importe das actuacións ascende 95.548,86euros, estando financiadas con cargo ao Plan de Mellora de camiños municipais 2022/2023 de AGADER. No 2022 executáranse varias melloras desde Castro ao cruzamento de Tines, pretendendo desenvolver agora unha segunda fase desde Tines ata O Careixo. A terceira irá deste último punto ata a avenida de Castromil. O proxecto actual centrarase na aplicación de aglomerado no firme nun tramo dun quilómetro, o que levará implícito traballos de limpeza e roza de cunetas, actuacións de recheo, obras de drenaxe e a instalación de elementos de sinalización, tanto horizontais coma verticais. As intervencións permitirán aumentar a seguridade viaria nos núcleos rurais tanto para tráfico rodado como para peóns.