Vimianzo | Limitan o horario do depósito de plásticos en Reparada polo seu mal uso

Depósito de plásticos agrícolas no punto de Reparada, Salto_Cedida

  • Este punto de reciclaxe estará aberto os luns de 16:00 a 19:00 horas, e os mércores de 10:00 a 13:00 horas

O Concello de Vimianzo pídelle á veciñanza que empregue correctamente o servizo de depósito de plásticos agrícolas no punto de Reparada, na parroquia de Salto. Ata o de agora, o depósito estaba aberto as 24 horas, e ante o uso descontrolado que se fai do mesmo, limitarase no seguinte horario: os luns de 16:00 a 19:00 horas e os mércores de 10:00 a 13:00 horas.

‘Vémonos na obriga de limitar o horario de apertura deste punto dado os custes xerados ao Concello polo mal uso das instalacións’, achega a alcaldesa, Mónica Rodríguez, quen lembra este espazo está pensado ‘única e exclusivamente para plásticos agrícolas, non para calquera tipo de residuo’.

Fóra do horario do servizo pódese chamar ao número do Concello, no 981 71 60 01, en horario de 8:00 a 15:00 horas.