Vimianzo mellora a seguridade viaria con tres pasos de peóns intelixentes

Sinalización Vimianzo_Cedida

  • Os dispositivos ilúminanse cada vez que un peón cruza debido a un sensor

O Concello de Vimianzo incrementa a seguridade viaria coa instalación de tres pasos de peóns intelixentes no núcleo urbano, que se iluminarán cada vez que cruce unha persoa grazas a un sensor.

Trátase de tres pasos de peóns con tecnoloxía moi innovadora e desde a administración local agárdase que se poidan colocar máis “como elemento de seguridade pero tamén como elemento de concienciación’, destacou a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Valoración dos actos desta fin de semana
A rexedora tamén valorou os actos producidos durante a pasada fin de semana, cando varios individuos estiveron realizando manobras perigosas cos seus vehículos. “É intolerable que accións como estas poidan poñer en perigo a integridade dalgunha veciña ou veciño”, dixo Rodríguez, quen ademais agradeceu o traballo das forzas de seguridade.

Os condutores están identificados e terán que declarar en breve.