16
- O prazo de execución das obras será de catro meses
O Concello de Vimianzo mellorará a pavimentación da vía que une os núcleos de Devesa e Casiña, o cemiterio de Cures con Mouzo e do vial en Tufións. O proxecto, financiado polo POS+ 2020 da Deputación Provincial da Coruña, contará cun importe de 96.988,7 euros e terá un prazo de execución de catro meses.
A actuación consistirá na renovación do pavimento actual e tamén se limparán e perfilarán as cunetas, para que cumpran así as funcións de evacuación da auga da choiva.
O edil de Obras, Miguel Ángel Pérez, remarca a “necesidade destes traballos” para mellorar as conexións interparroquiais e optimizar a seguridade tanto de peóns como de condutores.