- A zona donde se vai actuar non ten ningunha rede pública de saneamento de augas residuais
O Concello de Vimianzo proxecta a mellora na rede de saneamento na zona de Outeiro de Braño de Carantoña, financiado con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial da Coruña. Investiranse 47.749, 85 euros nun lugar onde actualmente non existe ningún tipo de rede pública de saneamento de augas residuais.
A rede proxectada trátase dun sistema unitario que evacuará por gravidade cara a estación depuradora incluída no proxecto, é dicir, sen bombeo. Con esta infraestrutura búscase depurar as augas residuais que se xerar no núcleo de poboación de Braño, así coma a eliminación de pozos e fosas sépticas que actualmente recollen ditas augas nas parcelas privadas.
Outra das actuacións será a mellora da pista final do núcleo e dun pequeno tramo dun camiño interior do mesmo, que actualmente está en mal estado.