- Terá lugar na Casa da Cultura o día 1 de abril a partir das 21:00 horas
O día 1 de abril a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá unha gala solidaria a favor do pobo ucraíno. Organizada polo Concello, arrincará ás 21:00 horas. Daranse cita a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, o Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, as bandas de gaitas da AC Trubisquiña e O Revoltixo de Carantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera, Suso de Quinito, Oppium e Teima.
As entradas teñen un prezo de 5 euros e estarán a disposición da veciñanza no portelo do Auditorio en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) e tarde (de 16:00 a 20:00 horas) ou na web de Woutick. Quen non poida acudir ao evento pode colaborar a través de ‘Fila 0’. A cantidade recadada destinarase á Coordinadora Española de Organizacións para o Desenvolvemento.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradece o «compromiso de parte do noso tecido cultural, neste caso do ámbito musical, para con esta causa», enfatizando que con esta gala Vimianzo amosa «unha vez máis, o seu lado máis solidario».