Vimianzo | Coordinación entre Administracións para unhas festas máis seguras

Cedida

  • Efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil velarán pola seguridade cidadá durante o Asalto, a Faguía de Carnés e as festas de agosto de Vimianzo

Este xoves tivo lugar a Xunta Local de Seguridade Extraordinaria no Concello de Vimianzo que foi presidida pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas. Representantes da Garda Civil, Policía Local e Nacional acudiron á reunión para acordar as medidas que garantirán a seguridade no Asalto ao Castelo (1 e 2 de xullo), a Faguía de Carnés (9 de xullo) e as festas de agosto en Vimianzo. Deste xeito, dúas patrullas da Garda Civil, 15 efectivos de protección Civil e efectivos da Policía Local garantirán o bo desenvolvemento das actividades.

Na reunión tamén se revisou o plan de protección elaborado polo Concello no que se establecen os medios municipais de seguridade durante os eventos festivos. A subdelegada do Goberno en A Coruña puxo en valor a coordinación entre as diferentes administracións dos corpos de seguridade neste tipo de celebracións «tan emblemáticas para a nosa provincia» recalcando, ademais, que é preciso aumentar as medidas de seguridade debido ao aumento do tráfico e o número de visitantes á localidade. «Sabemos que este ano a xente ten moitas ganas de celebrar tras dous anos de restricións, pero pedimos prudencia e colaboración para evitar incidencias», concluíu Rivas.

Vimianzo contará tamén cun punto de atención e información en temas de igualdade e diversidade durante as celebración das principais festas.