Vimianzo | O Concello executa melloras nas vías de Cereixo e Carnés con cargo ao POS

Ayuntamiento de Vimianzo

  • As principais actuacións acometéronse de Devesa á Casiña, de Moreira a Tufións e de Carnés a Vilar

O Concello de Vimianzo acometeu varias melloras na pavimentación de diversas vías das parroquia de Cereixo e Carnés. Concretamente, foron tres as actuacións que se executaron: unha na estrada que une a Devesa e A Casiña, outra na vía que vai de Moreira a Tufións e, por último, na estrada que une Carnés con Vilar. Estas obras enmárcanse dentro do POS da Deputación da Coruña.

O firme, que se presentaba en zahorra, será de riego, «o que favorecerá o tránsito de maquinaria agrícola e a conservación da mesma, debido a que en época de moita chuvia a constitución neste material fai máis sinxelo evacuar a auga», destacan desde o Goberno local.