- A vía contará con dous carrís de circulación e zona de aparcamento
O Concello de Vimianzo investirá máis de 200.000 euros no proxecto de mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa, entre a estrada AC-552 e a encrucillada para Sansobre.
A vía contará cun novo firme composto por dous carrís de circulación con zona de aparcamento e beiravía peonil nunha das marxes. Tamén se procederá ás instalacións de evacuacións de pluviais e unha nova rede de alumeado público.
No proxecto tamén se expoñe o soterramento do cableado en dous dos tramos da actuación, así como a construción dunha beiravía peonil a partir do primeiro cruzamento.
Desde o grupo de goberno destacan a “relevancia destes traballos, que se suman a outros que xa están en execución ou en proxecto de comezar nun breve prazo de tempo, e que servirán para mellorar as conexións dos núcleos de Vimianzo”.