Vimianzo | O Concello proxecta o arranxo do firme na Carballa por 114.000 euros

Cedida

  • Esta intervención está enmarcada dentro do Plan Único da Deputación da Coruña

O Concello de Vimianzo proxecta unha intervención para arranxar o pavimento interior na Carballa. O orzamento para esta actuación, enmarcada dentro do Plan Único da Deputación da Coruña, alcanza os 113.917,1 euros.

Actuarase na rúa principal do núcleo, pavimentando o firme e executando unha rede de recollida de pluviais ademais dunha preinstalación para as augas residuais; e tamén na estrada con dirección a Subeiro, xa que presenta partes con discontinuidades e fochancas que «supoñen un inconveniente para o paso dos vehículos e a súa seguridade», sinalan desde o Goberno local.

O prazo de execución das obras será de aproximadamente uns tres meses.