Vimianzo | O Concello ultima as obras de mellora na vivenda comunitaria

Vivienda comunitaria Vimianzo

  • O parque anexo ao edificio tamén se renovará

Continúan os traballos de mellora en varios puntos do concello de Vimianzo coma na vivenda comunitaria que, segundo sinalan desde o consistorio, realízanse despois de detectar unha serie de deficiencias nas fachadas da construción que poderían provocar danos estruturais de relevancia.

Entre as tarefas atópanse a aplicación dunha capa de produto impermeabilizante nas fachadas, así como a realización de pasteo e a posterior aplicación de pintura plástica. Finalmente pintáronse todas as fachadas e tamén se repararon as xardineiras e as canles.

A administración local tamén está renovando o parque anexo a este edificio debido ao seu estado de abandono total. Polo de agora xa se substituíron os pechamentos por uns novos de cores, e está pendente de cambiar o mobiliario dos xogos infantís.