Vimianzo | O servizo de asesoría aos afectados pola actualización do Catastro continuará un mes máis

Concello de Vimianzo_GOOGLE MAPS

  • A oficina estará aberta de 09:00 a 15:00 horas na Casa da Cultura e será preciso acudir con cita previa

O Concello de Vimianzo vén de comunicar que a oficina técnica para prestar asesoramento a aqueles veciños que se viron afectados pola revalorización colectiva de terreos continuará a súa actividade durante un mes máis a partir deste martes. Farao en horario de 09:00 a 15:00 horas na Casa da Cultura.

Será necesario concertar cita previa chamando ao 604 004 086, a través do enderezo electrónico cita.incidencias.catastro@vimianzo.gal ou de xeito presencial na propia oficina.

Quen non dispoña do certificado descargado, pode acudir ás oficinas municipais. Ademais, tamén estará a disposición de toda a veciñanza, para consulta, o expediente deste procedemento de revaloración.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha