Vimianzo ofrece un programa de Entroido repleto de animación para todos os públicos

2 minutes read

O Concello de Vimianzo presenta unha programación de Entroido para todos os públicos, con concursos de disfraces, obradoiros e baile social.

O primeiro día será o sábado 10 de febreiro, cando se celebrará o tradicional concurso de disfraces. A xornada, na que se repartirán máis de 2800 euros en premios, estará amenizada pola Charanga Santa Compaña e a Orquestra Eureka. Será na praza do Concello a partir das 17:00 horas.

O domingo, 11 de febreiro, o Restaurante Pastoriza acollerá o tradicional baile social de 19:00 a 22:00 cun desfile dos disfraces con premios.

Os máis pequenos e pequenas serán os protagonistas no obradoiro de cociña entroideira que se desenvolverá os días 12 e 13 de febreiro na Casa da Cultura. Está dirixido á rapazada de entre 5 e 12 anos, que poderá aprender a realizar algunhas das receitas máis tradicionais destas datas e gozará dunha rica merenda cada día. Terá un prezo de 3 euros e require inscrición previa, que poderá formalizarse na propia Casa da Cultura do 1 ao 8 de febreiro.

O Entroido despedirase en Baíñas, que terá o seu tradicional concurso de disfraces o sábado 17 de febreiro. Hai dispoñibles un total de cinco categorías entre as que se repartirán outros 2870 euros en premios.

Desde o Concello de Vimianzo agardan unha gran acollida para as celebracións programadas e desexan “gozar dunha festividade tan típica e que a veciñanza se anime a participar nos concursos e vivir unha xornada do máis divertida”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?