Varios concellos ilumináronse polo Día da Cruz Vermella

Concello de Vimianzo.

Este sábado, 8 de maio, conmemorouse o Día Mundial da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella baixo o lema “Da sociedade para a sociedade”. A celebración desta data ten lugar durante a maior operación da historia desta asociación, respondendo frente á Covid-19 e apoiando a máis de 4 millóns de persoas vulnerables en España e a máis de 700 millóns en todo o mundo.

Con motivo desta data, na provincia da Coruña rendeuse homenaxe ao voluntariado que “nos derradeiros 14 meses traballou de maneira incansable e xenerosa para frear e paliar as consecuencias da pandemia, especialmente coas persoas máis afectadas nesta crise social e sanitaria”, sinalan desde a Deputación. Así, varios concellos iluminaron as fachadas dos seus edificios consistoriais de vermello.

Concello de Malpica.
Concello de Cee.
Ponte de Ponteceso.