Vimianzo pechou a programación do Vimiverán 2022

Cedida.

Deste xeito, este venres, remataron unha morea de actividades baseadas no deporte, o teatro e a gastronomía. Acompañaron ás crianzas a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o técnico de Deportes, Víctor Santos. Con este programa perséguese favorecer a conciliación familiar no ámbito municipal, de tal maneira que ao mesmo tempo que se xeran actividades para o desenvolvemento educativo, psicomotor, cognitivo, afectivo e social dos nenos e nenas, promóvese tamén a conciliación da vida laboral e social das súas familias, dun xeito transversal e con perspectiva de xénero.

Os obxectivos xerais son promover e facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante o período estival, así como desenvolver o principio de igualdade e non discriminación por razón de sexo. Os obxectivos específicos son ocupar dunha maneira produtiva e educativa o tempo lúdico das e dos participantes; crear un marco de referencia, un lugar seguro onde as familias poidan deixar as súas crianzas; desenvolver un programa de dinámicas e actividades acorde a súas idades, onde poidan desfrutar e, ao mesmo tempo, aprender valores de gran relevancia social: igualdade, cooperación, corresponsabilidade, tolerancia, respecto, inclusión e non violencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha