Vimianzo pecha seu Outono coa obra ‘Estrela do Día’, de Producións Teatrais Excéntricas

1 minutes read
  • Será este sábado, a partir das 20:30 horas, no auditorio municipal

O Concello de Vimianzo pechará este sábado a súa programación cultural do outono con Producións Teatrais Excéntricas e a súa obra Estrela do Día. Será ás 20:30 horas no auditorio da vila. O espectáculo é unha «comedia divina chea de cor, música e misterio», sinalan desde o goberno local, que conta coa actuación de Evaristo Calvo, Rocío González ou Víctor Mosqueira. As entradas poden mercarse en woutick.es.

Ademais, a sala de conferencias da Casa da Cultura de Vimianzo acollerá a presentación da primeira novela da escritora local Alejandra Rama Amigo, titulada Poesía Vivencial.