Vimianzo pon a disposición dos veciños asistencia técnica pola revalorización dos terreos

1 minutes read
  • A oficina instalarase este martes na Casa da Cultura, e será preciso acudir con cita previa

A partir deste martes 22 de febreiro, os veciños de Vimianzo que recibiran unha notificación sobre a valoración colectiva de terreos poderán achegarse ata a Casa da Cultura para ser atendidos nunha oficina técnica expresamente disposta polo Concello para este cometido.

O horario de atención será de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas. Será preciso solicitar cita previa, podendo formalizarse a partir deste luns no propio mostrador do edificio, chamando ao 604 004 086 ou enviando un correo a cita.incidencias.catastro@vimianzo.gal.

Quen non dispoña do certificado descargado, pode acudir ás oficinas municipais. Ademais, tamén estará a disposición de toda a veciñanza, para consulta, o expediente deste procedemento de revaloración.