Vimianzo pon en marcha a súa programación infantil para os próximos meses

1 minutes read
  • A violencia de xénero, a igualdade ou a reciclaxe son algúns dos temas principais das obras

O Concello de Vimianzo presentou a programación infantil “Tardes de inverno en familia”, que terán lugar no Auditorio da Casa da Cultura durante os meses de febreiro e marzo.

A programación arrincará o domingo 2 de febreiro con O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Teatro Calavera, quen elaborarán a receita do mellor chocolate. Ao rematar o conto a rapazada poderá participar nun obradoiro de cociña elaborando brocheta de froitas recuberta de chocolate.

O 16 de febreiro será a quenda de Producións teatrais Excéntricas que achegará a Vimianzo o seu espectáculo Cartóons, un musical onde o eixo central é a reciclaxe.

No mes de marzo as compañías representarán espectáculos con temática contra a violencia de xénero. O día 1 será o turno de Rilo&Penadique que a través da narración e a música en Pozo das señoras, contarán historias incribles protagonizadas por mulleres.

O 15 de marzo, Raquel Queizás levará a Vimianzo Somos iguais, unha obra coa que se busca previr dende a nenez todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade, rachando así cos roles e estereotipos asignados.

O 29 de marzo pecharase a programación co cómico e narrador oral Pedro Brandariz e o seu espectáculo Non máis princesas.

As actuacións serán de balde os domingos ás 18:30h.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?